Páginas

quarta-feira, 19 de outubro de 2011

A verdade sobre os incêndios na Serra do Xurés

Dados oficiais referidos por Samuel Juarez, Conselheiro do Meio Rural da Xunta da Galiza, apontam para uma área ardida de 800 hectares dentro da área do Parque Natural de Baixa Límia-Serra do Xurés. Porém, a verdade dos dados vai muito além do que foi apontado e revelam a verdadeira dimensão do que se passou durante vários dias na vizinha Galiza.

Na realidade, a área ardida pode ultrapassar os 3.200 hectares. De facto, ardeu toda a ladeira do Coto de Gralleiras até Salgueiro, a ladeira de Fontefria até Alvite, As Estercadiñas, A Ourela Branca da Teixeira, Lamelas, Prado Seco e Nevosa. O mais grave neste situação é que aparentemente terão ardido as cabeceiras das nascentes mais importantes da Serra do Xurés que acumulavam grandes reservas de água que agora estarão perdidas (nascentes dos rios Cabaleiro, Mao, Torrente, Lvios, etc.).

Assim, ardeu a maior parte do parque natural que é classificado como Reserva Integral do Xurés.

O Parque Natural não terá levado a cabo a limpeza de qualquer zona desta reserva natural nos últimos anos, da mesma forma que não limpou os caminhos históricos de acesso à montanha para assim limitar o acesso dos montanhistas. Onde é que já vimos isto???

Por esta altura está a ser pedida a declaração de Zona de Catástrofe para a área ardida.

Esta será uma situação deveras preocupante para o Parque Transfronteiriço Gerês / Xurés. As lições de 2010 não foram aprendidas...

Ainda sobre os incêndios galegos...

Nos 15 primeiros días deste mes, os lumes de Ourense xa arrasaron 10.909 Ha en 4 espazos protexidos da Rede Natura: O Macizo Central perdeu máis dun 12% do seu territorio, principalmente nas serras do Invernadoiro e Queixa; a Baixa Limia-Serra do Xurés perdeu un 11%, tamén nas zonas de maior valor; e en Pena Maseira e Pena Trevinca ardeu o 7,6% e 5,7% da súa superficie. Perante a manipulación dos datos por parte da Xunta, que teima en minimizar a superficie queimada e a afección aos espazos protexidos, os satélites da NASA non deixan lugar a dúbidas: trátase dunha das catástrofes ecolóxicas máis importantes acontecidas no país dende o Prestige. Nen nos lumes de 2006 a afección aos espazos protexidos foi tan importante. Pola súa nefasta xestión, incompetencia e desleixo, ADEGA esixe a demisión de Samuel Juárez e a declaración da súa consellaría como "zona catastrófica". Facemos tamén un chamado á sociedade galega para participar na concentración deste sábado 22 na Pobra de Trives (praza do concello, 12h).

Dende fai anos tense claro que o millor xeito de atallar os lumes é mediante a prevención, xa que a extinción non é máis que un parche momentáneo dun problema de maior calado que como vemos, retorna ano tras ano se a climatoloxía é adversa.


Á falla de atención ao medio rural de montaña, á ausenza dunha politica forestal coerente, de investimentos e de propostas para uns espazos interiores cunhas potencialidades enormes, hai que engadir a incompetencia e o desleixo dos seus xestores, para os que “o medio rural está condeado a desaparecer” en palabras do propio conselleiro Juárez. Eis unha auténtica declaración de intencións, a proba do nove da incapacidade e o desleixo institucional.


O governo do PP decidíu retomar a mesma política de escaparate da era Fraga, isto é, adicar 100 millóns de euros a extinción (1% do orzamento da Xunta) e anular a maioría das medidas de prevención postas en marcha. Ademáis de criticar abertamente unha norma, a Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Lumes Forestais, que debería aplicar (xa pretende modificala através dunha nova Lei de Montes), a Xunta ten reducido significativamente os operativos de loita contra o lume, eliminado o Voluntariado do Monte, suspendidas as BIIF (Brigadas de Investigación dos Incendios Forestais), desactivado as UXFOR e aberto a porta á especulación coas SOFOR, mentres intensificou a súa política escurantista no plano informativo. Mesmo ten decretado que, indepedentemente da climatoloxía, os lumes teñen que acontecer de xuño a setembro e punto. Así resultou patético ver ao conselleiro Juárez apresentando o balanzo triunfal da tempada 2011 que poucos días despois, a realidade encarregábase de corrixir.


Na cuestión dos incendios a Xunta está pois, máis preocupada do plano mediático (o que poida saír na prensa) que de afrontar as causas destes: máis pendente do fume que do lume. A política informativa de Medio Rural, ao igual que a súa política forestal está sendo escurantista e manipuladora. Téntase minimizar a dimensión do problema en todo momento, empregando todo tipo de estratexias: só se informa dos lumes que superan as 20 ha; fálase de quilómetros cadrados e non de hectáreas (1 km2 equivale a 100 ha, polo que o efecto visual reduce en dous díxitos a dimensión); non ten publicado os traballos de prevención realizados no territorio nen o grao de cumprimento dos planos de prevención; nen respectado a obriga de informar e concienciar sobre as normas establecidas na Lei 3/2007 (distancias das prantacións ás casas e vías de comunicación, obriga de limpeza das parcelas, etc).


Á vista da incapacidade da administración para atender á verdadeira dimensión do problema ADEGA demándalle que estableza prioridades á hora de loitar contra o lume e as súas consecuencias: despois das zonas habitadas, os espazos protexidos ou con valores naturais de interese deben centrar os esforzos de contención. Non hai que agardar a que cheguen as choivas: hai que tomar xa medidas urxentes de restauración, loita contra a erosión e de recuperación da biodiversidade nas zonas queimadas, particularmente na Rede Natura. A perda de solo e os arrastres de cinsas e sedimentos podería significar unha segunda catástrofe ecolóxica para estes espazos e facer moito máis difícil a súa recuperación. No caso das áreas protexidas afectadas (Macizo Central, O Invernadoiro, Queixa, A Limia, O Xurés, Trevinca, Pena Maseira…) haberá que comprometer os medios e orzamentos necesarios en planos de recuperación hidrolóxico-forestal e de recuperación ambiental. Deberiase comezar por protexer da erosión as zonas queimadas, acondicionando faixas de protección contra a escorrentía e evitando no posíbel o uso maquinaria pesada en espazos sensíbeis. Outras medidas complementarias deberían ser a prohibición temporal da caza non só nas zonas queimadas senón tamén no seu perímetro xa que a fauna tende a refuxiarse nestas áreas, ademáis de medidas proactivas de conservación para recuperar a nosa biodiversidade máis sensíbel e ameazada. Ula a Dirección Xeral de Conservación da Natureza?


Para acadar estes obxectivos a colaboración coas comunidades de montes, sector agrogandeiro, concellos, sector turístico e a implicación activa do voluntarido como elemento de concienciación e compromiso cun medio rural vivo, resulta fundamental. Finalmente, habería que acometer reformas estruturais de maior calado na sociedade e no territorio, para conquerir por exemplo, estreitar o cerco social e xudicial contra os pirómanos; elaborar un novo plano forestal que abandone as pirófitas e potencie a multifuncionalidade; unha Lei de Montes que contemple as funcións social, económica e ecolóxica…e tantas outras medidas para fomentar o desenvolvemento sustentábel do medio rural.


Dende ADEGA cremos nun mundo rural vivo e non nun espazo “condeado a desaparecer” do que algúns só se acordan cando arde e perigan os votos.

1 comentário:

  1. Rui,
    Podemos ontem ver e confirmar,ao vivo,do alto da Nevosa,toda a vasta área ardida e confirma-se tudo aquilo que vens a noticiar.
    Apenas uma nota importante,a zona envolvente da Nevosa não foi atingida,mas a Matança,e uma vasta área para os lados da Fontefria ardeu tudo.
    Abraço,
    João Dias

    ResponderEliminar

Os comentários para o blogue Carris são moderados.